InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo participa no II Congreso de Xerentes de Centros Comerciais Abertos...

ACISA Ribadeo participa no II Congreso de Xerentes de Centros Comerciais Abertos de Galicia

 O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, engadiu que “neste congreso puidemos escoitar casos de éxito de Apps de xestión, dinamización e fidelización para o comercio ou sobre a relevancia de campañas temáticas, aspectos nos que Ribadeo tamén conta cunha importante presenza coa App Ribadeo Preto de Ti ou a do Ribadeo Indiano".

Publicada o

- Advertisement -

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, participou no II Congreso de Xerentes de Centros Comercias Abertos de Galicia organizado por AGAXECCA.

Pérez Prada contou que “tivo lugar en Santiago de Compostela o II Congreso de Xerentes de Centros Comerciais Abertos de Galicia, no que quixeron contar co xerente de Acisa Ribadeo para que, no marco dunha mesa de traballo denominada Exemplos de dinamización de un CCA, campañas de éxito e novos formatos, falásemos das Panchas. Neste contexto de congreso de xerentes de CCA y CCU puidemos explicar como naceu esta iniciativa do Concello de Ribadeo, que contou dende o primeiro dia coa estreita colaboración de Acisa, moi especialmente nos primeiros anos, como foi variando o formato, cal foi po papel de cada entidade dende o inicio ata o de agora, así como o mais importante, a súa repercusión no comercio e hostalaría da vila. É bonito ver como compañeiros doutros lugares de Galicia amosan interese por saber cómo funcionan campañas da túa vila, fan preguntas e veno como iniciativas de interese para as súas poboacións”.

O xerente de Acisa engadiu que “neste congreso puidemos escoitar casos de éxito de Apps de xestión, dinamización e fidelización para o comercio ou sobre a relevancia de campañas temáticas, aspectos nos que Ribadeo tamén conta cunha importante presenza coa App Ribadeo Preto de Ti ou a do Ribadeo Indiano. Tamén tivemos a oportunidade de falar e debater sobre o traballo dos xerentes dos centros comerciais abertos e da profesión de xerente, o noso papel nas asociacións, as nosas funcións, as problemáticas ás que nos enfrontamos, a relación coas administracións e outros asuntos de interese profesional”.

Para Jesús Pérez “foi un congreso moi interesante, por expoñer o que Ribadeo fai para dinamizar o comercio, tanto dende Acisa como colaborando co Concello de Ribadeo, para seguir destacando como referente comercial, así como para aprender doutros compañeiros compañeiras e poñer en valor a nosa profesión, cunha alta carga de responsabilidade e de traballo, que moitas veces pasa desapercibida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...