InicioEn Profundidade(VÍDEO) 'A fábrica que foi': reportaxe sobre o inicio do aluminio na...

(VÍDEO) ‘A fábrica que foi’: reportaxe sobre o inicio do aluminio na Mariña

O Xornal da Mariña inicia este domingo unha serie de reportaxes audiovisuais sobre Alcoa, nun momento no que o corazón industrial da comarca está en entredito

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. O Xornal da Mariña inicia este domingo unha serie de reportaxes audiovisuais sobre o conflito laboral de Alcoa San Cibrao, ante a sombra que planea sobre o motor económico da comarca despois de que a multinacional presentase un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de máis de 900 obreiros entre a planta de aluminio e empresas auxiliares.

Nesta primeira parte, titulada ‘A fábrica que foi‘, ex traballadores e un dos empregados máis veteranos contan en primeira persoa o impacto social, económico e cultural que tivo a posta en funcionamento do complexo industrial; da nuclear proxectada en Xove; do conflito do Casón ou da privatización de Alúmina-Aluminio.

A comarca da Mariña e mailo seu corazón industrial viven un momento chave, dado que o vindeiro 24 de xullo rematará o período de consultas do despedimento colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...