InicioEn ProfundidadeO custo de pescar sardiña en Galicia... moitas cotas e prezos baixos

O custo de pescar sardiña en Galicia… moitas cotas e prezos baixos

É o prato referente do verán en todo o litoral galego mais detrás del hai unha serie de políticas destinadas, en principio, á súa conservación. Os prezos pagados en lonxa non son suficientes segundo os armadores, tendo en conta o incremento dos prezos no mercado. Outro tema son as cotas de capturas para evitar a sobrexplotación así como a degradación do litoral que poden influír na conservación dos bancos pesqueiros ou non.

Publicada o

- Advertisement -

As festas do San Xoán levan implícitas as sardiñadas, un sinal que anuncia o verán tanto en localidades do litoral como do interior. A especie Sardina pilchardus é para moitas lonxas unha das principais fontes de ingresos desde maio a setembro. Como todas as especies peláxicas estivais, as primeiras descargas son as mellor pagadas, logo dos primeiros quince ou vinte días, os prezos en lonxa van diminuíndo e flutúan entre o euro por quilogramo aos 90-80 céntimos  por quilogramo.

Por outra parte, a subsistencia da especie tamén estivo en risco logo duns anos cunha importante baixa nas capturas. Tanto biólogos como mariñeiros cren que o comportamento cíclico da especie, así como o deterioro do litoral nalgunhas áreas influíron negativamente na explotación deste peixe. Entre as solucións postas en práctica para a protección da sardiña e a súa pesca están as cotas de captura por barco e día, e a creación de reservas mariñas onde non se exerza a pesca para a súa reprodución e recuperación.

PREZOS E CAPTURAS

Segundo Andrés García, responsable da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA), o número de barcos dedicados á pesca da sardiña en toda a costa galega sería de 152 buques con tripulacións de oito a doce mariñeiros. En total poden estar vivindo desta pesca sobre 1.500 persoas cun salario de 100-150€ por día segundo Isaac Gaciño, patrón maior de Portosín. A pesca faise de luns a venres, con algúns barcos realizando dúas descargas se non chegaron á cota máxima de capturas na primeira descarga. Toda a reportaxe no xornal colaborador Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...