A Unión Independiente de Transportistas Autónomos (UITA) cifrou nun 90% o seguimento da folga do transporte de madeira a Ence.
Segundo os datos do sindicato, desde as 00.00 horas do pasado 24 de decembro, 56 camións dos aproximadamente 500 que cada día descargan madeira nas fábricas da papeleira en Pontevedra e Navia mantiveron a súa actividade.
Desde o sindicato poñen en tela de xuízo as declaracións da empresa, que asegurou que o primeiro día de folga transcorreu con “absoluta normalidade“ nas fábricas.
“Nin sequera cun abastecemento do 20% podería manter a súa actividade productiva”, argumentan os transportistas.
REIVINDICACIÓNS
O paro indefinido continuará, segundo a UITA, mentres Ence non asuma as reivindicacións dos transportistas no tocante a unha maior seguridade nas descargas e á restitución do traballador despedido por enfrontarse a martelazos cuns ciclistas.