Un home mata á súa muller en La Caridad e despois suicídase

Os axentes da Garda Civil atoparon o corpo do varón, de 51 anos, colgado dunha fiestra e ao entrar no domicilio acharon o cadáver da muller, de 29 anos e que sufriu feridas de arma branca

Manifestación contra a violencia machista. AXM

Un home de 51 anos matou presuntamente á súa muller, de 29, na localidade asturiana de La Caridad -municipio de El Franco– para despois suicidarse. A Guardia Civil afirma que todos os indicios apuntan a que se trata dun caso de violencia de xénero.

Na vivenda había dous menores no momento do suceso, fillos da parella. A Garda Civil tivo aviso na madrugada do luns do achádego do corpo dun home colgando dunha fiestra. Ao entrar no domicilio, os axentes atoparon tamén o cadáver da muller, con feridas mortais de arma branca.

SEN DENUNCIAS PREVIAS

Tralo levantamento dos cadáveres, o Xulgado de Castropol abriu dilixencias por violencia sobre a muller. Non consta que houbese denuncias previas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here