IniciosociedadeA Mesa: "A fórmula 'eonaviego' só busca facer invisible o uso do...

A Mesa: “A fórmula ‘eonaviego’ só busca facer invisible o uso do galego”

A Mesa pola Normalización Lingüística alíñase coa Real Academia Galega e critica que o presidente do Principado de Asturias queira chamar 'eonaviego' ao galego falado nas comarcas limítrofes.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, pediu ao presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, que non utilice “subterfuxios semánticos” para “ocultar unha realidade e unha necesidade para os miles de persoas galegofalantes entre o Eo e o Navia”.

Maceira sae así ao paso das últimas declaracións do titular do Goberno asturiano, que asegurou este martes que “ninguén vai dicir desde calquera outra comunidade o que ten que recoller Asturias no seu Estatuto de Autonomía”.

Se houbese intención de situar o Estatuto de Asturias dentro da democracia, a igualdade e os dereitos humanos aos que obrigan os tratados internacionais como a Carta de dereitos civís e democráticos ou a Carta das linguas rexionais e minorizadas, o galego tamén sería lingua oficial de Asturias tal e como reclamou a Real Academia Galega“, explicou.

A organización sitúase así coa RAG, que esta mesma semana se dirixía ao Goberno asturiano para “reclamar a oficialidade do galego como forma de recoñecer e comezar a garantir dereitos para os miles de persoas que o utilizan día a día, a pesar do seu nulo recoñecemento legal”.

“Tal e como sinalou a RAG, utilizar unha fórmula como Eonaviego só busca facer invisible a existencia do galego nas comarcas limítrofes con Galicia”, insiste Maceira, que alerta ademais sobre o “perigo de certos argumentos que deixan ver que ser galego é algún tipo de problema ou defecto mal visto socialmente e que é necesario ocultar”.

‘EONAVIEGO’

Actualmente, o nome recollido na lexislación asturiana para a lingua falada entre os ríos Navia e Eo, na zona fronteiriza con Galicia, é ‘galego-asturiano’. Con todo, a principal asociación cultural do Navia-Eo, Xeira, chegou a denunciar a “intención do Goberno de Asturias de cambiar o nome ao galego-asturiano”.

A protesta de Xeira veu polo uso nos últimos meses polo Principado do termo ‘eonaviego’ para referirse á lingua do extremo occidental de Asturias e despois dunha pregunta de Podemos á conselleira de Cultura Berta Piñán, que respondeu que o uso deste termo se base nun informe da Academia da Llingua (ALLA) e que é o que van usar no dicionario de galego-asturiano que está a preparar a institución (‘Dicionario eonaviego‘).

Foi ante esta situación ante a que a Real Academia Galega decidiu pronunciarse; palabras que agora apoia A Mesa pola Normalización Lingüística.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...