InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan indicios dunha nova sauna castrexa na Mariña

Atopan indicios dunha nova sauna castrexa na Mariña

Estes indicios parten dunha investigación con técnicas xeofísicas. O castro de Rueta, en Cervo, oculta importantes estruturas, entre as que podería haber un gran forno, unha sauna e numerosos fogares.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña non para de sorprender en canto aos restos arqueolóxicos que atesoura. O último, os do xacemento de Rueta, un gran castro de case 2 hectáreas que garda, ademais de importantes murallas defensivas, numerosas estruturas habitacionais entre as que poderían figurar, ademais, un forno e unha sauna castrexa.

Son parte das “evidencias” que atoparon o equipo de investigadores, dirixido por David González-Álvarez -do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPID-CSIC)- e Jesús García Sánchez -do Instituto de Arqueoloxía de Mérida- que este sábado presentaron en Sargadelos os resultados da escavación deste impoñente castro situado no concello de Cervo. 

O arqueólogo Jesús García amosa as estruturas do que podería ser unha sauna castrexa / XS

E son “evidencias” porque os investigadores utilizaron na súa investigación a prospección xeofísica, unha técnica novidosa no campo da arqueoloxía que se destaca por non ser “invasiva“, é dicir, por estudar o que hai en superficie sen recorrer á tradicional escavación arquelóxica. David González-Álvarez e Jesús García utilizaron nas súas investifacións o xeorradar e o magnetómetro que, tras ser pasados polo xacemento, detectan anomalías do terreo con construcións redondas en montículos que parecen cabanas coas súas zonas de lume –posibles fogares– e unha moi interesante a investigar que podería ser un forno cuadrangular ou unha sauna, ademais doutro gran forno.

A investigación xeofísica hai tempo que se utiliza no mundo da arqueoloxía, pero nunca como ata agora se utilizara nunha extensión de terreo tan grande. De feito, o de Rueta, pasa por ser o primeiro castro de Galicia coa investigación xeofísica máis extensa e completa realizada ata o momento, case 1,5 hectáreas.  Toda a reportaxe no portal Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...