InicioM.ambiente e PatrimonioA Mancomunidade da Mariña continúa adiante co plan de Sostibilidade Turística 2022-2024

A Mancomunidade da Mariña continúa adiante co plan de Sostibilidade Turística 2022-2024

Desde a Mancomunidade explican que “dende hai xa uns meses o ente xestor do turismo na comarca ocúpase, xunto a Concellos e axentes relacionados na definición de actuacións prioritarias".

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense avanza na execución do Plan de Sostibilidade Turística 2022 – 2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade – co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Os técnicos traballan nos pregos de licitación para, nun curto prazo, comezar a contratar os proxectos vinculados ao turismo deportivo e de natureza.

Desde a Mancomunidade explican que “dende hai xa uns meses o ente xestor do turismo na comarca ocúpase, xunto a Concellos e axentes relacionados -nun necesario exercicio de participación-, na definición de actuacións prioritarias e de maior envergadura que teñen que ver, por exemplo, co reforzo de infraestruturas, produtos e experiencias turísticas sostibles en torno ao deporte e a natureza coa concreción dun plan operacional”.

Francisco Cajoto, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, referiuse ao plan operacional para o turismo deportivo e de natureza: “os técnicos da Mancomunidade traballan nos pregos de licitación para, nun curto prazo, comezar a contratar a redacción do proxecto técnico dun Centro BTT, que implicará a definición dunha gran ruta BTT circular e de rutas satélite por concello, tres puntos de acollida repartidos no territorio con servizos de recepción e información, parking, baños e duchas…ou a ubicación e características de 13 puntos de reparación de bicicletas que deben facilitar de xeito gratuíto nos concellos onde non haxa punto de acollida a posta a punto e a realización de reparacións básicas que a persoa usuaria poda necesitar. Estamos a falar de elementos básicos tales como bomba de aire, chave inglesa, kit de chave Allen e Torcx, e desmontables, entre outros. Tamén se está traballando nos pregos para o proxecto técnico dunha rede de rutas de sendeirismo, os servizos para a elaboración de estudos de capacidade de carga de 11 recursos con especial fraxilidade do territorio, ou o deseño, organización e execución dun programa de xeorutas e do Xeolodía en 2024. Outras accións a acometer serán o subministro de bicicletas eléctricas ou organización e xestión de cursos TD1 de surf, do que pronto se anunciará a primeira edición”.

Tania Hermida, xerente do Plan de Sostibilidade, relatou que “a medio prazo abordaranse cuestións transversais coma a creación de contido de turismo deportivo e de natureza destinado á web e outras ferramentas de promoción do destino, ou o deseño e a execución dun programa de apoio á involucración do sector turístico privado, ademais dun circuíto ou liga de surf, a organización dun encontro de turismo ornitolóxico, a formación nesa mesma materia e en xeoloxía ou no uso da tecnoloxía para rutas sendeiristas e de BTT mais a activación dun perfil ORG oficial da Mariña Lucense na plataforma Wikiloc”.

Desde a Mancomunidade indican: “ao mesmo tempo séguese traballando no resto de eixos e liñas do PST, reflexionando da man dos diferentes actores involucrados nas posibilidades e actuacións concretas. Este mércores, mantívose a primeira formación do SICTED, no que esta anualidade participarán mais dunha trintena de empresas e axentes do territorio. Dende a Mancomunidade móstranse motivados pola boa acollida desta certificación, que funcionará coma punto de encontro do sector turístico da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...