- Advertisement -
A organización ecoloxista declara que a bandeira outorgada á praia de Areoura, “é un exemplo da falta de respecto ambiental das administracións”. Neste caso denúnciase “a mala xestión por todas as administracións competentes” –concellos de Foz e Burela, Xunta e Ministerio de Transportes e de Transición Ecolóxica– que “causaron a degradación da contorna dun areal de indubidable interese social e natural”.