A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación na canle do río Trabada, nas inmediacións de Trabadela, no municipio de Trabada.
As actuacións cun orzamento inicial de 11.500 euros, execútanse nun tramo de 1.150 metros de canle co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída. “E adecuar a vexetación de ribeira co obxectivo de evitar a formación tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro da canle”, sinala a Confederación.
Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de canles son competencia dos concellos.