InicioM.ambiente e PatrimonioComezan os labores de conservación no río Trabada

Comezan os labores de conservación no río Trabada

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación na canle do río Trabada, nas inmediacións de Trabadela, no municipio de Trabada.

As actuacións cun orzamento inicial de 11.500 euros, execútanse nun tramo de 1.150 metros de canle co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída. “E adecuar a vexetación de ribeira co obxectivo de evitar a formación tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro da canle”, sinala a Confederación.

Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de canles son competencia dos concellos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...