InicioM.ambiente e PatrimonioAxudas para reforestar en Ribadeo, onde "o 80%" das parcelas cumpre a...

Axudas para reforestar en Ribadeo, onde “o 80%” das parcelas cumpre a lei de incendios

O Concello achegará 6.500 euros para prantar frondosas e segue a "identificar" as fincas en situación irregular para actuar subsidiariamente

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo concederá axudas por importe de 6.500 euros para a repoboación de terreos con especies frondosas.

O goberno municipal destinará unha partida inicial a esta iniciativa, que define como “un paso máis” tras a campaña de limpeza das faixas de protección fronte aos incendios forestais que produciron nos últimos anos.

Os donos recibirán unha pranta por cada 49 metros cadrados en superficie forestal e unha por cada 100 en fincas agropecuarias

As propietarias e propietarios recibirán prantas para reforestar eses terreos a razón dunha árbore por cada 49 metros cadrados en superficie forestal e unha por cada 100 en fincas de uso agropecuario, dacordo co que establece a Lei de Montes de Galicia.

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, explicou que se trata de “botar unha man na repoboación destes espazos limpos para evitar que volvan retroñar, sabendo que a norma contra os lumes se debe cumprir cada ano”.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN

O vindeiro 15 de xaneiro, o técnico de medioambiente do concello, acompañado por persoal técnico do Distrito Forestal da Mariña, impartirá unha charla sobre estas axudas e o cumprimento da normativa contra os incendios forestais na casa do mar.

EXECUCIÓN SUBSIDIARIA

O rexedor ribadense sinalou que o 80 por cento dos propietarios “cumpriron ou están en fase de cumprimento” dos requerimentos do Concello para limpar as faixas de protección mínimas estipuladas na normativa autonómica contra incendios.

O proceso de adaptación segue avanzando respecto das cifras facilitadas polo goberno municipal o pasado outubro.

Suárez Barcia adiantou que o Concello “está a identificar” as fincas nas que os donos non actuaron para proceder á corta e limpeza por parte de empresas especializadas.

O rexedor lembrou que os custes destas actuacións subsidiarias se reclamarán aos titulares dos terreos.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...