InicioM.ambiente e PatrimonioO lume que arrasa 2.000 hectáreas en Trabada mantense activo a pesar...

O lume que arrasa 2.000 hectáreas en Trabada mantense activo a pesar das choivas, aínda que está baixo control

A Consellería do Medio Rural ata o momento non notificou novidades no incendio que desde o xoves afecta os municipios lugueses de Trabada e Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Consellería do Medio Rural ata o momento non notificou novidades no incendio que desde o xoves afecta os municipios lugueses de Trabada e Ribadeo e que o sábado se deu por controlado con case 2.000 hectáreas queimadas.

Así o recolleu o último informe no tamén se detallou a situación dos catro incendios de Viveiro que afectaron as parroquias de Santo Acisclo e Santa Cilla do Valadouro e a superficie queimada alcanzou as 230 hectáreas.

No caso do incendio de Trabada, iniciado no mediodía do xoves e que obrigou a desaloxar casas, cortar estradas e que alcanzou ao municipio veciño de Ribadeo, as chamas déronse por controladas ao fío das 19.58 horas do sábado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...