Segundo a Garda Civil, a muller presuntamente non prestou asistencia veterinaria a un can que estivo varios días cunha pata traseira fracturada.
A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña da localidade lucense de San Miguel de Reinante-Barreiros, como presunta autora dun delito de abandono animal.
Segundo informou o Instituto Armado, por non prestar asistencia veterinaria a un can cunha pata traseira fracturada en varios puntos e que estivo “vagando errante durante varios días” pola poboación. Na inspección policial localizaron a dous cans máis en “condicións insalubres” nun anexo do domicilio da persoa investigada. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.