InicioM.ambiente e PatrimonioInvestigan a unha veciña de Barreiros por abandono animal

Investigan a unha veciña de Barreiros por abandono animal

Publicada o

- Advertisement -

Segundo a Garda Civil, a muller presuntamente non prestou asistencia veterinaria a un can que estivo varios días cunha pata traseira fracturada.

Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña da localidade lucense de San Miguel de Reinante-Barreiros, como presunta autora dun delito de abandono animal.

Segundo informou o Instituto Armado, por non prestar asistencia veterinaria a un can cunha pata traseira fracturada en varios puntos e que estivo “vagando errante durante varios días” pola poboación. Na inspección policial localizaron a dous cans máis en “condicións insalubres” nun anexo do domicilio da persoa investigada. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...