- Advertisement -
O observatorio ornitolóxico de Estaca de Bares será a base para xornadas de seguemento e observación de aves durante tres días. Esta primeira edición das xornadas paxareiras xuvenís no Vicedo e Mañón organizadas por SEO-BIRDLIFE onde un numeroso grupo de asistentes de Madrid pasarán 3 días combinando a observación de aves desde o observatorio ornitolóxico da Estaca de Bares coas charlas sobre a materia na Casa da Cultura do Vicedo. As charlas son abertas ao público en xeral ata completar aforo.