InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo aproba a convocatoria de axudas para rexeneracións no casco histórico

Mondoñedo aproba a convocatoria de axudas para rexeneracións no casco histórico

As subvencións para obras na Área de Rehabilitación Integral ascenderán a 207.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Mondoñedo vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria da fase XVI das subvencións para a rexeneración e renovación urbá na Área de Rehabilitación Integral (Ari) do casco histórico mindoniense e dos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.

As bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneración e renovación urbá na zona. As achegas destinadas a estas axudas superan os 207.000 euros.

O Ministerio de Fomento custeará algo máis de 152.300 euros, mentres que a Xunta de Galicia financiará as obras con 55.500, aproximadamente.

A contía das subvencións será do 40% do custo das actuacións subvencionables. A cantidade máxima das axudas será a establecida no artigo 29.2 do Real decreto 106/2018.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do consistorio ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderán tramitarse dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) até o prazo de finalización do convenio ou ata a fin do financiamento.

Poderanse acollerse ás axudas as actuacións iniciadas con posterioridade a 1 de xaneiro do ano da convocatoria en curso, pero que non estean finalizadas á data da presentación das solicitudes por parte dos interesado no período establecido ao efecto.

ASESORAMENTO

Os interesados terán a opción de solicitar unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas, co fin de asesoramento. Os técnicos da oficina de rehabilitación municipal comprobarán o estado da edificación e aconsellarán ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do fin da vixencia do Plan Vivenda 2018-2021.

A concesión de subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva, mentres que a selección de beneficiarios será por orde de entrada en calquera dos medios legais dispoñibles para a entrega de documentación na administración pública que conte cun rexistro de entrada con data e hora.

Segundo expón o Concello, terán preferencia aquelas solicitudes que presenten de forma completa a documentación esixible.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...