- Advertisement -
A Consellería de Medio Rural informou dun incendio forestal activo no municipio lucense de Trabada que, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 100 hectáreas. O lume iniciouse ás 12.06 horas e á primeira hora da tarde a afectación superaba as 20 hectáreas. Para o seu control mobilizouse, ata o momento, a cinco axentes, cinco brigadas e sete motobombas. Agora, segundo as estimacións publicadas pola Consellería nas súas redes sociais, a extensión afectada rolda as 100 hectáreas.