O Partido Popular de Lugo presentou unha moción para a vindeira sesión do pleno da Deputación, a fin de retomar a estratexia estatal de xestión da cinexética que preparaba o Goberno saínte, e que cuestionou a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, contraria á caza e ás touradas.
No medio da polémica que xurdiu sobre as competicións de caza do raposo, o partido conservador defende a protección desta actividade polo “seu arraigo social” e por “valores estratéxicos“, entre os que cita “a creación de emprego, a contribución á loita contra o despoboamento, o seu atractivo turístico ou a axuda á prevención de riscos sanitarios derivados de enfermidades”.
A súa prohibición, argumentan, suporía “un retroceso nas liberdades e dereitos recoñecidos na Carta Magna”.
ECOLOXISTAS
Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica (Adega) afirman que “matar animais de xeito indiscriminado carece de ética e moralidade” e negan que a eliminación de raposos “sirva para recuperar as poboacións de coello e perdiz“.
Podes ler a nova completa en Lugo Xornal.