InicioM.ambiente e PatrimonioEn Marea denuncia na Fiscalía as obras do eólico de Sasdónigas por...

En Marea denuncia na Fiscalía as obras do eólico de Sasdónigas por un delito contra o patrimonio

A formación afirma que os traballos "non respectan a distancia de afectación" que protexe o Camiño Norte

Publicada o

- Advertisement -

En Marea denunciou ante a Fiscalía as obras do eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo, na zona de paso do Camiño Norte, ao entender que son constitutivas dun delito contra o patrimonio.

A formación presentou este mércores ante o Ministerio Fiscal unha denuncia na que sinala que os traballos que está a realizar a empresa Norvento “non respectan a distancia de afectación” da ruta de peregrinaxe, protexida pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

O documento expón que “se está asfaltando o itinerario” do Camiño, que foi declarado Patrimonio Mundial da Humanidade en 2015. Tamén denuncia que “non se habilite un trazado alternativo que garantice a seguridade dos peregrinos”, como require a normativa.

Na exposición dos feitos, a demanda engade que as actuacións están a alterar o traxecto de viais públicos para facilitar o paso da maquinaria.

INTERVENCIÓN DO ICOMOS

En Marea, que este martes presentou no Parlamento Galego propostas lexislativas para instar á Xunta de Galicia a protexer e rehabilitar o Camiño Norte ao seu paso pola zona, tamén solicitou ao ICOMOS -comité asesor da UNESCO en materia de patrimonio- que investigue “os estragos” causados polas obras.

PROTESTAS VECIÑAIS

Os veciños afectados polas expropiacións dos terreos para a contrucion do parque eólico tamén manifestaron a súa preocupación polos “danos patrimoniais e ambientais” que están a causar as obras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...