InicioM.ambiente e PatrimonioAprobado un proxecto para financiar con 250.000 euros a mellora da Praza...

Aprobado un proxecto para financiar con 250.000 euros a mellora da Praza da Catedral de Mondoñedo

A comisión mixta do 1,5% cultural propón a Fomento achegar un 75% do orzamento das obras, que aspiran a mellorar o uso público do espazo

Publicada o

- Advertisement -

A comisión mixta do 1,5% cultural elevou unha proposta ao Ministerio de Fomento o financiamento de catro novas actuacións en Galicia de recuperación do patrimonio histórico, entre eles a mellora da Praza da Catedral de Mondoñedo.

O organismo, composto por representantes de Fomento e do Ministerio de Cultura e Deporte, elevou ao departamento que dirixe José Luis Ábalos unha proposta para que financie proxectos de posta en valor do patrimonio histórico galego, con cargo aos fondos que se xeran para o 1,5% cultural como consecuencia da contratación de obra pública.

Un dos proxectos aprobados é o acondicionamento da Praza da Catedral mindoniense a fin dun mellor aproveitamento do uso público. Segundo a proposta, Fomento achegaría un 75% do orzamento -uns 250.000 euros– para estas actuacións.

Os outros proxectos son unha actuación sobre o sistema de evacuación de augas e cubertas pétreas do castelo de San Felipe de Ferrol (con 455.000 euros), o acondicionamento para visitas culturais do mosteiro ourensán de Montederramo (200.000 euros), e a restauración das reixas e púlpitos da capela maior da Catedral de San Martiño, en Ourense, con case 330.000 euros.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

“A resolución provisional que proximamente asine o ministro permitirá continuar co procedemento ata a adopción da resolución definitiva, condicionada esta á aprobación dos proxectos e ás achegas financeiras comprometidas”, sinala a comisión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...