InicioM.ambiente e PatrimonioMariña Patrimonio convida a coñecer os monumentos civís e relixiosos de Foz

Mariña Patrimonio convida a coñecer os monumentos civís e relixiosos de Foz

A agrupación achegarase á vila, a San Martiño de Mondoñedo ou á Frouxeira o vindeiro día 30

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza o vindeiro 30 de marzo unha visita guiada a Foz para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso.

Nesta visita, ademais de percorrer lugares emblemáticos da vila, os participantes achegaranse ata a Frouxeira, a basílica de San Martiño de Mondoñedo e Vilaronte.

A xornada desenvolverase ao longo da mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e continuará pola tarde de 16.00 a 19.00 horas.

Antes de reanudar as actividades da tarde, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen.

AUTOBÚS

De haber un número suficiente de persoas interesadas en participar nesta actividade, os desprazamentos faranse en autobús, que sairía de Viveiro e faría paradas intermedias ata chegar a Foz.

As persoas que veñan doutra zona, e tamén as de Foz, poderían incorporarse ao bus para desprazárense ata os diferentes lugares da visita.

INSCRICIÓNS

Mariña Patrimonio ten aberto o prazo para anotarse na actividade. A data límite para inscribirse é o próximo xoves 21 de marzo. O custo do autobús é de dez euros, por doce do xantar e tres ou dez da actividade en función de se o participante é socio da agrupación ou non.

Os interesados deben enviar un correo a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socia/o ou non, así como as opcións que lle interesen respecto ao bus e ao xantar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...