A Deputación de Lugo promoverá a recuperación dunha nova ruta xacobea, a Vía Rexia do Norte, que abrangue os concellos asturianos de San Tirso de Abres e Vegadeo e os lucenses da Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Castro de Rei e a capital lucense.
A intención é que o itinerario, do que hai evidencias desde alomenos o 1240, sexa recoñecido como Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo 2021.
SINALIZACIÓN DO TRAZADO
A partir do convenio entre o goberno provincial e os Concellos, traballarase na procura do trazado orixinal ao longo desde 2019 e no 2020 acometerase unha segunda fase do proxecto, neste caso de mellora dos camiños, estudo dos bens patrimoniais e sinalización da ruta.
Podes consultar a información completa no LugoXornal.