InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta recoñece que unha canteira danou zonas protexidas do Castro da...

A Xunta recoñece que unha canteira danou zonas protexidas do Castro da Trinidade de Mondoñedo

O informe enviado por Cultura ao Concello expón que a pedreira "altera substancialmente o terreo e o subsolo" e nega que a explotación "teña amparo desta Administración"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio anunciaron este xoves que a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural enviou ao Concello de Mondoñedo un documento no que informa de que a pedreira da empresa Canteras Santa Cecilia “ocupa terreos do ámbito protexido do xacemento Castro da Trinidade”.

O documento expón que a canteira “altera substancialmente o terreo e subsolo” sen que a mencionada intervención “teña amparo dunha autorización desta Administración”. Na mesma misiva recoñécese que a canteira ocupa tamén superficie do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte”.

Patrimonio subliña que o Castro da Trinidade, ou Castro das Flores, é un ben patrimonial catalogado e que no 1997 establecera límites á canteira para protexer o xacemento.

SEGUNDO O DOCUMENTO, A CANTEIRA OCUPA TAMÉN SUPERFICIE DO TERRITORIO HISTÓRICO DO CAMIÑO NORTE

Adega e Mariña Patrimonio resaltan que os informes, “realizados por arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio de Santiago, contradín e mesmo deixan en evidencia os elaborados polo Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo“.

Nas dilixencias de Patrimonio facilitadas polas asociacións, o departamento autonómico advirte ao Concello de que a ausencia da autorización podería constituír “unha ou varias infraccións en materia de patrimonio cultural“, e solicita ao goberno local de Mondoñedo a remisión dun informe sobre os procesos que tivese incoado ou tramitado na zona, no que respecta ao elemento protexido.

DENUNCIA ANTE A FISCALÍA

Tal e como adiantou Galicia Confidencial no pasado mes de outubro, as dúas agrupacións acusaron a Patrimonio de Lugo de permitir danos no castro e presentaron unha denuncia perante a Fiscalía, que abriu dilixencias para aclarar o caso.

Os colectivos afirman que o servizo provincial “pretendeu demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, así como xustificar as desfeitas provocadas pola empresa, argumentando que se trataba dunhas ‘antigas remocións de terras‘ nunha ‘canteira hoxe abandonada‘”.

OS COLECTIVOS ACUSAN AO SERVIZO PROVINCIAL DE PATRIMONIO DE ACTUAR PARA FAVORECER A ACTIVIDADE EMPRESARIAL

Mariña Patrimonio e Adega sosteñen que “o Servizo de Patrimonio de Lugo mesmo tiña solicitada a descatalogación do Castro de Trinidade”, petición que non prosperou e que, advirten as asociacións, “conlevaría uns beneficios económicos moi elevados para a empresa propietaria da canteira e legalizaría a posible situación irregular, derivada da ocupación e explotación dunha zona arqueolóxica protexida”.

DE DÚAS HECTÁREAS A VINTE METROS

As asociacións denunciantes lamentaron que o Castro da Trinidade pasou de dúas hectáreas a vinte metros pola acción da canteira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...