Mariña Patrimonio visitará Mondoñedo

A viaxe servirá para coñecer os monumentos civís e relixiosos da localidade

Catedral de Mondoñedo. DIÓCESE MONDOÑEDO-FERROL

A asociación Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a Mondoñedo o día 16 de xuño, co obxectivo de coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da localidade.

A data límite para as inscricións é o vindeiro xoves 7, e o prezo é de seis euros para socios e 16 para non asociados. Un custo ao que habería que incluír dez euros máis polo servizo de autobús e outros dez para o xantar. O correo electrónico é mr.patrimonio@gmail.com.

A actividade comezará ás 10.00 horas e rematará ás 20.00, cun descanso dun par de horas para a comida. De haber un número suficiente de persoas, o traxecto será en autobús, Viveiro-Foz-Mondoñedo.

Se non houbese suficiente xente desbotaríase a opción do bus, unha decisión que a agrupación comunicaría o venres 8.

O CONCELLO OFRECE UNHA GUÍA

O goberno local mindoniense achegará unha guía especializada no aspecto civil, que xestionará ademais as visitas guiadas aos edificios relixiosos e ao pazo de Aguiar.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here