InicioM.ambiente e PatrimonioUn buque de Gardacostas, en Celeiro por se chegase a Galicia fuel...

Un buque de Gardacostas, en Celeiro por se chegase a Galicia fuel do Grande América

A Xunta intensificou as medidas preventivas tralo afundimento do mercante no Golfo de Biscaia o pasado 12 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia intensificou o seguimento e as medidas preventivas tralo afundimento do mercante ‘Grande América‘ o pasado 12 de marzo, fronte ás costas de Francia, polo que o pasado domingo activou en fase de alerta o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal) como medida preventiva.

En coordinación con Salvamento Marítimo do Estado, o Executivo galego realiza un seguimento “exhaustivo” da deriva da fuselaxe vertida por este barco e tomou esta decisión “atendendo ás predicións dos modelos de deriva da Prefectura Marítima do Atlántico de Francia e á meteoroloxía”.

Así mesmo, o Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou o buque polivalente ‘Sebastián de Ocampo‘ a Celeiro, no municipio de Viveiro, “para actuar no caso de que sexa necesario”.

“RESPOSTA ÁXIL”

“A finalidade deste plan é estar preparados e dar resposta de forma áxil no suposto caso de que os restos de fuel do mercante se acheguen ás costas de Galicia“, explicou o Goberno autonómico. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...