InicioM.ambiente e PatrimonioLourenzá acollerá un curso de apicultura os días 13 e 14 de...

Lourenzá acollerá un curso de apicultura os días 13 e 14 de abril

O obradoiro está pensado para persoas que se queren iniciar no mundo das abellas, pero tamén para aquelas que xa teñen colmeas e precisan actualizar coñecementos

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) pon en marcha na primavera un amplo programa de formación apícola. Na Mariña Lucense organizará un curso, xunto co Sindicato Labrego Galego, que terá lugar durante os días 13 e 14 en Lourenzá.

O obradoiro está pensado para persoas que se queren iniciar no mundo das abellas, pero tamén para aquelas que xa teñen colmeas e precisan actualizar coñecementos.

O formato do curso, cunha duración de doce horas, distribuirase nunha parte téorica e outra práctica. Os participantes aprenderán, entre outras cousas, sobre a importancia de coidar a saúde das abellas e técnicas para facer fronte ó ataque do tártago asiático ou avespa velutina, sen que se vexa prexudicada a supervivencia da colmea e a súa produción.

Esta será unha boa oportunidade para aquelas persoas interesadas no mundo das abellas, pois a apicultura é unha actividade que aporta moitos beneficios, dende o seu valor medioambiental, a través do labor polinizador das abellas, ata a obtención dos seus saudables produtos. A produción da colmea pode dirixirse ó autoconsumo pero tamén pode ter un fin profesional e destinar os produtos á venta comercial.

INSCRICIÓNS

O programa completo e a información sobre as inscricións está na páxina web www.apiculturagalega.es. Anotan no email info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...