InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro complementará as visitas guiadas do casco con rutas a Chavín, Silvarosa...

Viveiro complementará as visitas guiadas do casco con rutas a Chavín, Silvarosa ou polo Landro

Celebraranse os días 15, 16 e 17 de abril para promocionar lugares de interese fóra da cidade

Publicada o

- Advertisement -

A área de turismo do Concello de Viveiro ofrecerá un programa de rutas guiadas durante a Semana Santa, que complementará as visitas ofertadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa e o Centro Comercial Histórico de Viveiro.

Se nestes últimos casos as iniciativas atenden a promocionar os recursos turísticos da zona vella de Viveiro, os roteiros impulsados polo goberno local darán a coñecer outros lugares de interese fora do núcleo principal.

Así, o luns 15 de abril, a partir das 16.00 horas, haberá unha saída en Vivertren ao Souto da Retorta. Unha vez alí realizarase unha camiñada ata o Avó, un eucalipto considerado como un dos máis altos e vellos de Europa.

Logo camiñarase ata a “minicentral” hidroeléctrica de Chavín. Na visita, segundo expón o executivo municipal, ofrecerase información do entorno do Río Landro, explicaranse datos e curiosidades da vexetación e tamén se falará da historia da parroquia. A duración será de hora e media.

O martes 16, con saída á mesma hora e unha duración similar, o Vivertren chegará á área etnográfica da Insua. Chegados ao antigo cargadoiro ofrecerase información sobre a historia das Minas da Silvarosa e os sistemas utilizados para a descarga de mineral nos barcos de transporte. Ademais, explicaranse datos dos diferentes lugares de Viveiro que se ven dende o miradoiro.

O mércores celebrarase unha ruta ao longo do paseo fluvial do Río Landro. Comenzarase o percorrido na oficina de turismo e remontarase o curso do caudal.

No roteiro explicaranse datos relativos á vexetación, á fauna -especialmente sobre a variedade de aves que se poden avistar ao longo do percorrido-, o patrimonio, as tradicións e lendas que xurden no entorno fluvial. A duración será de dúas horas, e o horario de saída é o mesmo das rutas anteriormente mencionadas.

INSCRICIÓN

Para participar nestas rutas é preciso inscribirse previamente na oficina de turismo. Para as rutas do 15 e 16 de abril, o prazo ábrese o mesmo día da visita a partir das 10.00 horas, e ata completar aforo. Para participar na ruta do día 17, as persoas interesadas poden anotarse a partir do sábado 13.

OPERATIVO DE SEMANA SANTA

Con motivo da Semana Santa, o Concello deseñou un operativo para a xestión e ordenamento do tráfico que abrangue actuacións do 12 ao 21 de abril, e que inclúe varios cortes de circulación. Podes consultalos neste documento. Operativo de semana santa

APARCADOIRO

O Concello de Viveiro informou de que tanto as extensións do porto deportivo como a área na que se vai construír o novo edificio do Instituto Nacional da Seguridade SocialAmbos aparcadoiros poderán utilizarse ata o vindeiro domingo, 21 de abril.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...