InicioM.ambiente e PatrimonioO PP de Viveiro anuncia a licitación da retirada do emisario da...

O PP de Viveiro anuncia a licitación da retirada do emisario da ría “nos vindeiros días”

O candidato popular á alcaldía tamén avanza a presentación do proxecto de ampliación da nova depuradora, outros dos piares das obras de saneamanento da ría pendentes desde 2016

Publicada o

- Advertisement -

O candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, avanzou que “nos vindeiros días” se licitará a retirada do emisario da ría, imprescindible para as obras de saneamento pendentes desde 2016. Segundo afirmou, o trámite para sacar a concurso os traballos “está a piques de finalizar”.

O popular adiantou tamén que a Xunta de Galicia presentará “nese prazo” o proxecto técnico de ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), outra das actuacións comprometidas para solventar os problemas de vertidos. Neste senso, explicou que o Goberno galego remitirá o proxecto ao Concello para requirir a documentación necesaria para “seguir avanzando na tramitación da obra”.

A retirada do emisario responsable dos vertidos á ría de Viveiro licitarase “nos vindeiros días”, segundo Rodríguez

Rodríguez admitiu que se trata de “proxectos de primeira necesidade” polos que “non se podía agardar máis“. O alcaldable subliñou que transladaran a Xunta a urxencia das actuacións e amosouse satisfeito polos avances anunciados que, apuntou, reforzan a “moral” e “credibilidade” da candidatura que encabeza.

“Son proxectos de primeira necesidade” polos que “non se podía agardar máis”, recoñece o candidato popular

Pola contra, o popular acusou á rexedora María Loureiro de “non interesarse” polas obras e de amosar “desidia” ante proxectos de máxima relevancia para Viveiro.

OBRAS COMPROMETIDAS EN 2016

En outubro pasado, tras unha reunión coa alcaldesa, a directora de Augas de Galicia, Teresa Guitiérrez, anunciara o inicio das trámites para retirar a parte non soterrada do actual emisario. 

Segundo se apuntara daquela, a obra era necesaria para tramitar os permisos de contrución dun novo conduto para as augas residuais ante a Demarcación de Costas do Estado.

A execución dun novo emisario é un dos piares do proxecto de saneamento da ría de Viveiro, que contempla tamén unha nova estación de bombeo con depósito de retención e a citada optimización da EDAR.

As obras de saneamento da ría contémplanse nun convenio asinado entre Augas de Galicia e o Concello en 2016

Augas de Galicia comprometeu as actuacións nun convenio asinado co Concello en setembro de 2016, cun investimento previsto de tres millóns de euros. O goberno local lamentou en reiteradas ocasións o incumprimento do pactado.

Os verquidos á ría veñen provocando denuncias da veciñanza desde hai máis de dúas décadas. Porén, en 2010, a Unión Europea que denunciou a España ante o tribunal de xustiza comunitario ao constatar o verquido de augas residuais sen sanear ao mar.

FONDOS EUROPEOS SEN EXECUTAR

O pasado mes de marzo, a eurodeputada do BNGAna Miranda, propuxo que unha delegación do Parlamento Europeo visite Galicia para comprobar o estado do saneamento da auga, facendo un percorrido polos ríos galegos.

Europa destinou ás obras 2,7 millóns de euros, que deben empregarse antes de rematar 2020

A formación nacionalista denunciou a situación da ría nunha xornada sobre a execución dos fondos europeos para este tipo de actuacións, organizada en Bruxelas.

Os Fondos FEDER Galicia 2014-2020 destinan ao saneamento da ría de Viveiro unha partida de 2,7 millóns de euros, condicionados a execución das obras en prazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...