InicioSucesosSuárez Barcia atribúe "á mala saña" outro lume forestal no mesmo lugar...

Suárez Barcia atribúe “á mala saña” outro lume forestal no mesmo lugar da parroquia de Ove

O incendio produciuse cerca da N-642 e da vía do tren sobre as sete da tarde e quedou exinto unha hora despois

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, atribuíu a pirómanos o lume forestal deste martes na parroquia de Ove.

O lume, que se produciu sobre as sete da tarde á beira da estrada N-640, preto da vía do tren de Feve, quedou extinto arredor das oito trala intervención de Protección Civil, a Brigada Contraincendios, Policía Local e Garda Civil.

Segundo confirmaron fontes de Protección Civil, o incendio produciuse no mesmo lugar no que se orixinaron lumes outras veces. Esta circunstancia levou ao rexedor a denunciar a través das redes sociais que se tratou dun feito intencionado.

“MISERIA MORAL”

Ambiente cálido e vento do sur. A mala saña volve ás andadas, vergoña e miseria moral de quen anda provocando tanto mal. Non pasou nada porque o traballo das forzas de seguridade e servizos de emerxencias foi dilixente e impecable, pero non quita que nunha destas se vaia todo das mans. O lume chegou a escasos metros da vía do Feve”, lamentou Suárez Barcia.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...