InicioM.ambiente e PatrimonioAlerta vermella para a Torre dos Moreno

Alerta vermella para a Torre dos Moreno

Hispania Nostra inclúe o edificio indiano ribadense na súa listaxe de patrimonio "en risco de desaparición"

Publicada o

- Advertisement -

A asociación para a defensa do patrimonio cultural Hispania Nostra incluíu a Torre dos Moreno de Ribadeo na súa listaxe vermella de conservación, que recolle “aqueles elementos que se atopan sometidos a risco de desaparición, destrución ou alteración esencial dos seus valores, co obxecto de dalos a coñecer e acadar a súa consolidación e restauración”.

“DEGRADACIÓN”

Segundo a agrupación, o edificio atópase “abandonado” e “o principal perigo ao que se enfronta é a que a degradación que sofre siga avanzando e comece a afectar á súa estrutura”, asegura.

O 60% DO INMOBLE PERTENCE Á FIRMA PAISAJES DE ASTURIAS, O 21% AO CONCELLO E O 19% A DONOS SEN IDENTIFICAR

A Torre dos Moreno é Ben de Interese Cultural (BIC) desde 1997. A empresa Paisajes de Asturias mercou o 60% do inmoble no 2011 e daquela substituíronse as columnas da fachada posterior. O 21% do edificio está en mans do Concello de Ribadeo e a restante 19% pertence a propietarios por identificar, que probablemente residen na Arxentina. En principio, a firma barallou completar a restauración do monumento para 2015, ano do centenario da súa construción, pero apenas houbo avances na súa conservación.

EDIFICIO INDIANO DO 1915

A Torre dos Moreno, o edificio indiano que domina o casco histórico ribadense, foi construída no 1915 cos fondos enviados por Pedro e Juan Moreno Ulloa. Foi deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o exeñeiro Ángel Ardex. É o único inmoble que queda en Galicia da súa época construído en formigón reforzado con ferro. A nivel decorativo, ten elementos modernistas, renacentistas e barrocos.

OUTROS BENS “EN PERIGO”

A Torre dos Moreno é un dos monumentos galegos recentemente incorporados á listaxe vermella de Hispania Nostra. A Casa Bailly de Cambre, a ponte de Malvar en Tilve ou o Pazo de San Antoniño de Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa son outros dos bens patrimoniais sinalados. Estes monumentos, “moi distintos e de moi diferentes épocas”, están nun estado “alarmante” malia ter “un incuestionable valor patrimonial, histórico e arquitectónico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...