InicioM.ambiente e PatrimonioAs Catedrais, a terceira praia máis fermosa de España segundo os internautas

As Catedrais, a terceira praia máis fermosa de España segundo os internautas

O areal ribadense alcanzou o podio nunha enquisa da sección de viaxes de El País

Publicada o

- Advertisement -

A praia das Catedrais ou Augas Santas segue a confirmar a súa fama e vén de ser elixida como o terceiro areal máis fermoso de España, segundo o resultado dunha enquisa que a sección de viaxes do diario El País realizou entre os internautas.

A consulta popular de ‘El Viajero‘ situou á praia de Ribadeo no podio entre as máis belas do Estado.

No seu texto, o xornalista José Peral cualifica o areal de “portento da Mariña Lucense” e asegura que “un non sabe que admirar máis nesta catedral mariña, se as oito arcadas de pizarra que queren ser arquivoltas góticas, o espazo das covas, o impoñente arco que nos recibe á entrada -e que ameaza ruína segundo os xeólogos– ou as formas que deixa o mar ao roer a base dos cantís“.

A GAÑADORA, EN TARIFA

A ensenada de Bolonia, na localidade gaditana de Tarifa, resultou gañadora da enquisa, mentres que a praia de Rodas, en Vigo, obtivo o segundo posto. Galicia acolle seis das 25 primeiras clasificadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...