InicioEconomíaAlcoa San Cibrao, entre as áreas de maior contaminación do aire en...

Alcoa San Cibrao, entre as áreas de maior contaminación do aire en Galicia

O informe presentado por Ecoloxistas en Acción alerta da concentración de dióxido de azufre na zona do complexo industrial

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Toda a poboación galega respirou aire contaminado en 2018, segundo un informe de Ecoloxistas en Acción sobre a calidade do aire no Estado español durante o pasado ano, que revela que os 2,7 millóns de habitantes de Galicia estiveron expostos en 2018 a uns niveis de contaminación que “superan as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS)”.

Ademais, detallou este martes a entidade nun comunicado, un tercio do territorio de Galicia rexistrou unha contaminación do aire que prexudica a vexetación.

MÁIS DE 50 ESTACIÓNS DE MEDICIÓN

O estudo elaborado por Ecoloxistas en Acción inclúe datos recollidos en 54 estacións oficiais de medición instaladas en Galicia.

DIÓXIDO DE CARBONO

Entre as súas conclusións máis destacadas figura que a estación do porto da Coruña detectou aire contaminado por riba dos límites legais -en relación ao dióxido de nitróxeno-, e superáronse os valores medios anuais e/ou diarios recomendados nas áreas metropolitanas da cidade coruñesa, de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Tamén sostén que durante 2018 superouse a concentración media diaria de dióxido de azufre nas zonas máis influenciadas polas emisións deste contaminante na área industrial e portuaria de Arteixo ou en Alcoa San Cibrao.

OZONO TROPOSFÉRICO

No tocante ao ozono troposférico ou malo, a poboación das áreas metropolitanas da Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo estiveron expostas a concentracións de ozono perigosas para a saúde.

Na Coruña, continúa Ecoloxistas en Acción, alcanzouse por segundo ano consecutivo o obxectivo legal anual establecido para o benzo(a)pireno, un hidrocarburo aromático policíclico (HAP), e na estación de Riazor rexistrouse o segundo valor máis alto de todo o Estado español para este contaminante canceríxeno.

PROPOSTAS

Ecoloxistas en Acción propón como medidas de choque diminuír o tráfico motorizado, potenciar o transporte público, a bicicleta e o tránsito peatonal; promover o aforro enerxético, pechar as centrales de carbón, adoptar mellores técnicas industriais dispoñibles e penalizar o combustible e os vehículos diésel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...