InicioM.ambiente e PatrimonioAs visitas ás Catedrais, moi por debaixo do cupo diario "polo mal...

As visitas ás Catedrais, moi por debaixo do cupo diario “polo mal tempo”

O pasado mércores accederon ao areal 2.901 persoas, mentres que o tope permitido pola Xunta é de 4.812 visitantes por xornada en tempada alta

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, confirmou este xoves en Lugo que aínda non se cubriu o cupo de visitantes diario implantado para a tempada alta no Monumento Natural Praia das Catedrais, dentro do plan de conservación do areal, unha situación que atribúe “ao mal tempo”.

O pasado 1 de xullo estableceuse un tope que permite a visita á praia por parte dun máximo de 4.812 persoas, unha cantidade que non chegou a cubrirse polo de agora ningún día.

De feito, o día con maior afluencia de visitantes foi o mércores 3 de xullo, cando accederon ao areal 2.901 persoas.

A directora xeral precisou que, previsiblemente, o número de visitas aumentará cando mellore o tempo.

O SEGUNDO LUGAR DE GALICIA MÁIS VISITADO

Do Campo confirmou que o “dispositivo” de seguridade e para preservar o monumento natural está “totalmente organizado” e funcionando con “toda normalidade” para recibir ás miles de persoas que visitarán As Catedrais este verán, dado que é o segundo lugar de Galicia con máis visitas, só por detrás da Catedral de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...