A Xunta de Galicia vén de asinar con 15 municipios da Mariña Lucense os convenios de colaboración dirixidos a reforzar os recursos municipais de prevención e loita contra os incendios forestais. O Executivo autonómico custeará 74 brigadistas na comarca.
A Consellería de Medio Rural achega un investimento de 706.850 euros á bisbarra destinados á contratar o persoal que conforma as brigadas municipais, apoiar o funcionamento das motobombas e ou financiar a execución de desbroces.
Así, as subvencións servirán para financiar 15 brigadas, rozar 1.290 hectáreas e poñer en marcha once motobombas.
TRES MESES
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que este persoal traballará durante tres meses -o que o Goberno galego considera como época de alto risco– tanto en labores de prevención como de extinción.
TRES LIÑAS DE AXUDAS
O seu principal obxectivo, ademais de servir de unidade de primeira intervención en caso de incendio, é a limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido.
En relación con este propósito, a segunda liña de axudas vai destinada aos labores de roza para previr os incendios ou reducir os riscos en caso de que se produzan. Os propios concellos participantes indican no seu plan de traballo a superficie sobre a que van actuar e sobre ese dato calcúlase a axuda que lles corresponde.
A terceira e última liña está pensada para garantir a operatividade das motobombas.
CONCELLO POR CONCELLO
Na seguinte táboa pódese comprobar o reparto das axudas concedidas pola Xunta para estas tres funcións, municipio por municipio.
ENTIDADE LOCAL | Nº de Brigadas | Nº compoñentes de cada brigada | Nº de motobombas | Nº de Ha | DISTRITO | TOTAL (EUROS) |
ALFOZ | 1 | 5 | 1 | 125,0 | A MARIÑA LUCENSE | 55.409,62 |
BARREIROS | 0 | 0 | 1 | 105,0 | A MARIÑA LUCENSE | 25.623,00 |
BURELA | 1 | 4 | 0 | 0,0 | A MARIÑA LUCENSE | 22.731,04 |
CERVO | 2 | 10 | 1 | 80,0 | A MARIÑA LUCENSE | 76.739,74 |
FOZ | 1 | 5 | 1 | 0,0 | A MARIÑA LUCENSE | 39.147,12 |
LOURENZÁ | 1 | 5 | 1 | 0,0 | A MARIÑA LUCENSE | 39.147,12 |
MONDOÑEDO | 1 | 5 | 1 | 115,0 | A MARIÑA LUCENSE | 56.501,12 |
OUROL | 1 | 5 | 1 | 90,0 | A MARIÑA LUCENSE | 50.856,12 |
RIBADEO | 0 | 0 | 1 | 110,0 | A MARIÑA LUCENSE | 26.273,50 |
TRABADA | 1 | 5 | 0 | 75,0 | A MARIÑA LUCENSE | 36.942,12 |
VALADOURO (O) | 2 | 10 | 0 | 70,0 | A MARIÑA LUCENSE | 63.476,24 |
VICEDO (O) | 1 | 5 | 1 | 110,0 | A MARIÑA LUCENSE | 53.458,12 |
VIVEIRO | 1 | 5 | 1 | 150,0 | A MARIÑA LUCENSE | 58.662,12 |
XOVE | 1 | 5 | 0 | 150,0 | A MARIÑA LUCENSE | 46.699,62 |
14 | 69 | 10 | 1.180,0 | 651.666,60 |
RIOTORTO | 1 | 5 | 1 | 110,0 | TERRA CHÁ | 55.850,62 |
A PONTENOVA NON SOLICITOU SUBVENCIÓNS
Dos 67 concellos da provincia, todos subscribiron convenio nalgunha das modalidades a excepción de Lugo capital, A Pobra de Brollón, A Pontenova e Rábade.
Desde o goberno local, o edil Francisco Martínez sinala que non se pediron as axudas pola presenza do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que proporciona “os medios suficientes” para afrontar a tempada estival e tamén “pola cantidade de hectáreas que hai que xustificar” para optar ás subvencións.
O Concello de Ribadeo tampouco solicitou financiación para custear brigadistas, ao igual ca o ano pasado. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, insistira daquela en que a prevención de incendios ten que estar “na medida do posible en mans de profesionais“.