CxG Burela reclama un estudo sobre a seguridade na Igrexa de Coeda

Moñita insta ao Concello a solicitar un informe á Xunta e a instalar indicacións e paneis explicativos para poñer en valor a formación xeolóxica

Ruta xeolóxica na Igrexa de Coeda. CONCELLO DE BURELA

Compromiso por Galicia (CxG) reclama un estudo sobre a seguridade na zona da estrutura natural da Igrexa de Coeda, en Burela.

O voceiro da formación en Burela, José Luis Moñita, aplaude “os tímidos proxectos do Concello de posta en valor desta formación xeolóxica singular”, pero crítica que, “como todo no PSdeG-PSOE, fica nunha aparición en prensa sen facer nada máis aló”.

Así, insta ao goberno local a solicitar formalmente “á Xunta de Galicia e a Costas a elaboración dun estudo sobre a seguridade da contorna”.

CxG lembra que unha investigación similar tense solicitado para o monumento natural da Praia das Catedrais.

Moñita asegura non entender “como se quere potenciar un monumento natural sen sinalización algunha”. Así, reclama a colocación de indicativos nas diferentes rutas de acceso e a colocación de paneis informativos, “cando menos dous, para a explicación científica”.

RECHAMO “TURÍSTICO E CORPORATIVO”

Finalmente, solicita que se utilice a imaxe da Igrexa de Coeda “como rechamo turístico e corporativo” de Burela, como parte dunhas medidas “máis amplas e con maior contido de potenciación dun feito tan singular.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here