InicioM.ambiente e PatrimonioO faro, as fábricas de salgadura ou Sargadelos, escenarios das xornadas de...

O faro, as fábricas de salgadura ou Sargadelos, escenarios das xornadas de Historia de Cervo

A inscrición para a primeira edición do evento, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo e mesturará conferencias e roteiros, fica aberta

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abriu a inscrición para a primeira edición das xornadas de Historia ‘Cervo a carón do patrimonio‘, que se celebrarán os días 19 e 20 de xullo.

Escenarios do municipio como a casa do mar de San Cibrao, o Museo Provincial do Mar ou o conxunto histórico artístico de Sargadelos acollerán as xornadas.

A edil de patrimonio, Dolores García Caramés, explicou que se trata “dunha actividade divulgativa gratuíta que é unha oportunidade única para poñer en valor a riqueza patrimonial que atesoura o noso municipio, de sacala á luz para que que toda a veciñanza poida coñecer o noso pasado”.

García Caramés recordou que a inscrición para estas xornadas, que están dirixidas a todas as persoas con curiosidade e que desexen coñecer en profundidade a historia do noso municipio, continúa aberta no teléfono 982.59.51.57 ou no correo casadacultura@concellodecervo.com.

CONFERENCIANTES

As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xoán Carmona Badía; o profesor da USC e investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Carlos Andrés González Paz; ou a doutora de Ciencias Sociais da Xunta de Galicia, Herminia Pernas.

Tamén, a experta en xestión do Patrimonio Cultural, licenciada en Xeografía e Historia e conservadora do Museo Provincial de Lugo, Silvia Fiallega; o profesor de filoloxía, escritor, poeta e dramaturgo, Paco Rivas; o conservador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo e licenciado en Xeografía e Historia, Juan Ramón Fernández Pacios; o profesor da UNED e investigador do Grupo de Pesca da USC, José María Leal Bóveda; e o graduado en Historia da USC, Adrián Cao.

ROTEIROS

O venres, 19 de xullo, ás 10.00 horas na casa do mar, está prevista a inauguración das xornadas.

Ao longo dese día haberá charlas divulgativas complementadas con diferentes roteiros por San Cibrao; con escenarios como a ponte románica, o Museo do Mar, as antigas fábricas de salgadura ou o faro.

O sábado, 20 de xullo, tamén están previstas diferentes relatorios con saídas de campo que permitirán aos participantes a coñecer un pouco más sobre a historia do complexo industrial de Sargadelos e da arquitectura indiana no concello de Cervo. Ese mesmo día, ás 20.00 horas, será a clausura da actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...