InicioM.ambiente e PatrimonioInaugurado o Conxunto Etnográfico do Vilar tras unha rehabilitación da aldea que...

Inaugurado o Conxunto Etnográfico do Vilar tras unha rehabilitación da aldea que comezou en 2003

Ubicado en Mondoñedo, inclúe un albergue e aula de natureza e un centro de recepción de bicicleta de montaña (BTT)

Publicada o

- Advertisement -

O Conxunto Etnográfico do Vilar, en Mondoñedo, foi inaugurado este martes. O proxecto inclúe un albergue e aula de natureza e un centro de recepción de bicicleta de montaña (BTT). Péchase así o círculo dunha rehabilitación da aldea que comezou o 5 de novembro do ano 2003.

O espazo, que se porá en funcionamento “proximamente”, segundo expuxo a alcaldesa, a popular Elena Candia, suporá “desenvolver a oferta turística do Concello e identificar a cidade como un destino con actividades da natureza sumamente atractivo”. será utilizado para a realización de actividades públicas de divulgación ou educación ambiental e terá un uso recreativo baseado na valoración do medio natural.

Situado sobre o Camiño Norte a 4,5 quilómetros da cidade de Mondoñedo pola estrada de Maariz, o centro atópase “nun espazo privilexiado” no entorno do río Valiñadares, desde onde se aprecia a entrada da cavidade máis extensa de Galicia, a Cova do Rei Cintolo. Constará dun albergue con varias vivendas, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT.

54 PRAZAS

O albergue contará con 54 prazas “e tódolos servizos“: cociña, comedor, baños, servizo de lavadora e secadora, WIFI e calefacción. Pola súa localización, é un lugar ideal para o aloxamento de peregrinos e tamén de grupos organizados e independentes que procuren un lugar tranquilo e cómodo dende onde realizar actividades na natureza.

Na aula da natureza ofrécese unha aproximación á prehistoria local e a aspectos da flora, fauna e xeoloxía da contorna. Un primeiro bloque está dedicado á prehistoria, fundamentalmente centrado na Cova do Rei Cintolo, e outro no que se fala do mundo da cultura castrexa e os usos tradicionais das rochas calcarias. É ademais o inicio da Ruta Arqueolóxica de Mondoñedo.

O Conxunto Etnográfico do Vilar tamén suma o “importante aliciente” que supoñen as novas tecnoloxías, con todo o necesario á disposición dos seus usuarios. Entre elas, a rexedora citou a posibilidade de uso de gafas en tres dimensións.

“XENEROSIDADE” DE QUENES CEDERON OS TERREOS

O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da corporación mindoniense e da deputada Mayra García Bermúdez, entre outras autoridades; ademais de propietarios dos terreos cedidos, familiares e representantes do tecido asociativo de Mondoñedo.

Candia agradeceu “á familia dona dos terreos e dos inmobles” pola súa “xenerosidade” na cesión e pola ilusión que os “moveu a formar parte dun proxecto para o desenvolvemento turístico e cultural da cidade”.

A alcaldesa de Mondoñedo destacou “o entendemento entre as distintas administracións para acadar iniciativas que achegan valor engadido ao rural, son respectuosas coa natureza e preservan o medio ambiente”.

ALOXAMENTO DE MASCOTAS

Vázquez remarcou o compromiso dos promotores do centro co benestar e a protección dos animais de compañía, xa que o albergue da natureza permitirá o aloxamento de mascotas.

A conselleira lembrou que se atopa nun enclave natural único e privilexiado, na contorna do Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; e ao pé da Serra do Xistral, zona ZEC da Rede Natura 2000 e con altos valores do noso patrimonio natural como os hábitats prioritarios que alberga, como por exemplo a Cova do Rei Cintolo, unha cavidade natural singular de referencia para a espeleoloxía galega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...