InicioM.ambiente e PatrimonioNova analítica positiva, a terceira consecutiva, sobre a calidade da auga na...

Nova analítica positiva, a terceira consecutiva, sobre a calidade da auga na praia de Celeiro

O último control realizado por Sanidade, o pasado domingo, rexistrou valores de 99 en bacterias fecais EColi e inferiores a dez no enterococo intestinal

Publicada o

- Advertisement -

A última analítica da calidade da auga realizada na praia de Celeiro pola Consellería de Sanidade resultou positiva. A proba, feita o pasado domingo, documentou unha taxa de bacterias fecais EColi de 99 e inferior a dez no tocante ao enterococo intestinal.

As cifras supoñen unha mellora considerable con respecto á anterior lectura, que mostrou uns parámetros de 740 de EColi e 42 de enterococo. Trátase da terceira proba consecutiva que ofrece resultados positivos, logo de que a ambivalencia do saldo de análises anteriores, realizadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), levara ao Concello a recomendar non bañarse na praia e encargar as súas propias analíticas.

Por agora, o Concello non tomou unha decisión sobre se retirar esta recomendación, que resultou polémica entre a poboación de Celeiro. A veciñanza manifestouse o pasado martes pola substitución do emisario roto que verte augas fecais á ría de Viveiro, un problema medioambiental do que as dúbidas sobre a aptitude para o baño da praia urbá son a última consecuencia, e para reclamarlle ao goberno local que prohiba o baño se intúe risco para os usuarios.

O CONCELLO MANTÉN A RECOMENDACIÓN DE NON BAÑARSE

“Soubemos do último resultado esta tarde (por este martes) e reunirémonos cos datos oficiais, que tamén colgaremos á vista dos usuarios no areal, para tomar unha decisión. É certo que é a primeira vez que tres probas sucesivas dan resultados dentro dos parámetros normais, o que supón un cambio, pero seguimos a facer un seguimento”, expón a alcaldesa, a socialista María Loureiro.

NOVA PROBA A VINDEIRA FIN DE SEMANA

Loureiro explica que o Sergas realizará un novo control a vindeira semana e que o Concello “está a traballar tamén co seu propio laboratorio. Aínda non hai unha valoración porque a notificación foi nas últimas horas pero informaremos puntualmente á veciñanza”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...