InicioM.ambiente e PatrimonioTaramundi: un modelo de negocio rendable en base á tradición e á...

Taramundi: un modelo de negocio rendable en base á tradición e á etnografía

O municipio asturiano foi pioneiro en potenciar o turismo rural a partir da súa tradición do ferro

Publicada o

- Advertisement -

Unha pequena vila de apenas 700 habitantes coñecida en toda España. Taramundi é un dos pobos do occidente de Asturias limítrofes con Galicia que ten por singularidade ser un dos pioneiros do turismo rural e ó mesmo tempo un dos grandes exemplos de recuperación dunha vila tradicional desenvolvida dende o turismo.

Está a apenas uns quilómetros da fronteira de Lugo, nos vales do Turia e do Eo e segue sendo hoxe en día unha das comarcas galego falantes de Asturias. Este pequeno enclave é un verdadeiro exemplo para moitos pobos do norte de España e de Galicia de como conservar a historia e proxectarse no futuro.

TRADICIÓN FERREIRA

É coñecida pola súa artesanía, e en concreto polas navallas de Taramundi, que tamén  discorreron por séculos coma unha icona pola xeografía galega. A ferrería, como en moitas comarcas da montaña de León, Galicia e Asturias, ten unha antigüidade excepcional. Hoxe en día conservanse numerosos obradoiros e en singulares conxuntos etnográficos como Teixois, Mazonovo ou Bres. Por iso, ten a honra de ser un dos lugares de Asturias declarado “Zona de Interés Artesanal”, contando co “Museo de la Cuchillería” de Pardiñas e coa singularidade de contar nas súas rúas coa navalla máis grande do mundo.

Este pobo soubo conservar esta riqueza, así como a fermosoura da súa arquitectura tradicional e, por iso, é un dos destinos rurais máis demandados polos turistas durante o verán. Toda a información no portal Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...