InicioM.ambiente e PatrimonioErmida reclama á Xunta "implicación" para construír unha nova depuradora en San...

Ermida reclama á Xunta “implicación” para construír unha nova depuradora en San Miguel

A alcaldesa de Barreiros pide axuda para afrontar unha obra con 3,3 millóns de investimento, que "solucionaría" un problema "de anos" cun impacto "turístico, sanitario e medioambiental"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reclamou á Xunta de Galicia un total de 3,3 millóns de euros para facer fronte á construción dunha nova depuradora de augas residuais na zona de San Miguel de Reinante, xa que a administración local ve “imposible afrontalo”.

Diso informou o Concello de Barreiros nun comunicado no que demanda unha “solución” a un problema da depuración de augas residuais “moi importante, que leva anos existindo e que empeora co tempo”.

Así, Ermida sinalou nunha carta remitida ás consellerías de Medio Ambiente, Turismo, Sanidade e Infraestruturas, que a situación “se solucionaría” coa construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) na área de San Miguel, o que afectaría as parroquias de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.

No documento, a alcaldesa solicita unha reunión para abordar estas cuestións cos distintos departamentos do Executivo autonómico, pois considera “imprescindible” a colaboración entre as administracións “implicadas”.

ARREDOR DE 9.000 PERSOAS NO VERÁN

Malia que o concello de Barreiros ten menos de 3.000 habitantes, Ermida salienta que aumenta a súa poboación durante o verán. “A poboación flotante multiplica esta cifra por máis do triplo no período estival”, remarca, para agregar que “isto supón que os servizos que se precisan deben estar dimensionados para atender a mencionada demanda”.

VERTEDURAS CONSTANTES NA PRAIA

A rexedora tamén fixo fincapé en que a localización dos puntos de vertedura actuais “están en zonas moi próximas á praia de Arealonga“, ademais de en lugares “emblemáticos” como a praia das Catedrais e mesmo a Rede Natura, o que supón “impactos” ambientais e turísticos “negativos”. Ademais, salienta que a situación “supón porblemas de saúde pública que se detectan nas analíticas realizadas pola Administración galega”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...