InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta di que intensificará as probas na ría de Ribadeo e...

A Xunta di que intensificará as probas na ría de Ribadeo e En Marea esíxelle regulación sobre os xurros

O grupo mixto reclamará no Parlamento galego un decreto de obrigado cumprimento que regule os residuos agrogandeiros

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mostrouse optimista respecto de que a vertedura de xurro detectado no río Eo non acabe afectando as zonas de marisqueo da vertente galega.

Quintana explicou que desde o momento no que se tivo coñecemento da vertedura os axentes de Gardacostas de Galicia están a vixiar a zona desde terra, á vez que os biólogos do Intecmar están a tomar mostras da auga.

“Se se detectase algunha situación de risco, por suposto, prohibiriamos a extracción de bivalvos por contaminación”, apuntou a titular de Mar.

Tamén revelou que o servizo de Gardacostas realizou un voo sobre a zona afectada para avaliar desde o aire unha posible afección. “A sensación que temos por agora é de que non vai afectar“, apuntou.

A conselleira lembrou que nestes momentos está prohibida a extracción de bivalvos na desembocadura do río Eo pero non por contaminación, senón “porque non se axustaba ao plan de explotación“. E anunciou que no momento no que as mariscadoras fosen traballar intensificaranse as mostraxes para comprobar se existe ou non afección.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias decretou o peche “cautelar” da ría na extracción de moluscos.

EN MAREA PIDE A DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES

Pola súa parte, os deputados do grupo mixto Davide Rodríguez e Paula Vázquez Verao anunciaron que levarán ao Parlamento galego a vertedura ao Eo.

En Marea explica que “os casos de contaminación por xurros non son novos” e pedirán a Xunta que elabore “un decreto, de obrigado cumprimento, para regular estes residuos agrogandeiros”. Ademais, demandarán ao Goberno galego “que investigue e depure responsabilidades sobre o acontecido”

O vertido chegou ao río Eo tras a rotura nunha tubaxe dunha balsa de xurro da explotación gandeira na madrugada do pasado sábado ao domingo, na parroquia de Guiar, no municipio asturiano de Vegadeo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...