InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG da Pontenova denuncia unha vertedura no Pozo da Ola e...

O BNG da Pontenova denuncia unha vertedura no Pozo da Ola e esixe “un cartaz” sobre a calidade das augas

A formación frontista acusa ao Concello de actuar con "irresponsabilidade" nun asunto "que afecta á saude pública e á seguridade das persoas que se bañan alí"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Pontenova denunciou ante a Confederación Hidrográfica do Cantábrico a existencia dun punto de vertedura de augas residuais urbanas sen depurar no Pozo da Ola, como se coñece o treito do Eo situado nunha das entradas da vila.

A formación nacionalista advirte que “a situación supón un grave atentando contra o río e as especies que viven nel” e fan fincapé nas condicións da auga para o baño.

Segundo explican, “o Pozo da Ola foi retirado do censo oficial das zonas de baño da Xunta de Galicia en 2011 porque incumpría sistemáticamente os parámetros mínimos de calidade de augas no tocante a microorganismos”.

“SEN INFORMES” SOBRE A CALIDADE DA AUGA

Critican que desde aquela “non se teña constancia de informes sobre a calidade da auga” e que, malia todo, “non exista ningún cartaz que advirta da situación”.

Neste senso,  acusan ao Concello de actuar con “irresponsabilidade” nun asunto “que afecta á saude pública e á seguridade das persoas que se seguen a bañar alí a día de hoxe”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...