InicioM.ambiente e PatrimonioMarcha ás minas da Silvarosa, coa apertura de dúas bocaminas no horizonte

Marcha ás minas da Silvarosa, coa apertura de dúas bocaminas no horizonte

A andaina, que celebra o domingo a décimo cuarta edición, naceu para poñer en valor a antiga explotación de ferro, con actividade ata mediados da década dos sesenta

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro domingo celébrase da marcha das minas da Silvarosa, unha andaina anual que naceu para poñer en valor un patrimonio agochado baixo a terra e na memoria das familias dos mineiros e mineiras que traballaron na extracción de ferro desde finais do século XIX ata os anos sesenta.

“Ata hai pouco nin sequera en Viveiro se sabía que existían as minas”, di Suso Oca, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Minas da Silvarosa, que se empeñou en indagar nunha “actividade que foi durante décadas un dos principais motores económicos da zona”

“Nos momentos de apoxeo, a mina deu traballo directo a unhas trescentas persoas e a unhas cincocentas de forma indirecta”, comenta Oca, que ten unha historia familiar vinculada a mina. Súa avoa, Regina Oca, traballou nas minas da Silvarosa. “Non só ela, tamén outras mulleres vivían arredor da extracción do ferro”, explica.

O coñecemento acumulado nestes anos a través de testemuños, documentación e investigacións estase a completar nestes meses con achegas das familias de Primitivo Hernández San Pelayo e Victoriano Ortueta, que tiveron cargos de responsabilidade nas estrutura empresarial e equipos técnicos das minas.

O xeólogo do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Juan Carlos Gutiérrez-Marco, ou Fran Canosa, impulsor do proxecto de xeoparque do Ortegal, son algúns dos expertos que avalan a labor divulgativa que a asociación fixo nos últimos anos. “Estamos na última etapa deste traballo de catorce anos”, apunta Oca co derradeiro obxectivo no horizonte.

“PODERÍA CULMINARSE EN CATRO ANOS”

O reto agora é abrir dúas bocaminas para converter unha pequena parte das vellas galerías nun espazo visitable. Un traballo que queren desenvolver da man do concello e de organismos como a Cámara Mineira de Galicia.

“Cremos que o proxecto podería culminarse nos próximos catro anos”, anticipa o neto de mineira na antesala da décimo cuarta edición da marcha que arrancará ás 9.30 horas na praza do Concello de Viveiro e que concluirá no museo das minas, ubicado nas antigas escolas indianas de Vieiro.

O Concello, que participou este venres na presentación da andaina, convida a participar na actividade e apunta a necesidade de “valorar, protexer e potenciar” as minas da Silvarosa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...