InicioM.ambiente e PatrimonioBandeira vermella por contaminación nas praias de Anguileiro e Serantes

Bandeira vermella por contaminación nas praias de Anguileiro e Serantes

O Concello de Tapia de Casariego anunciou que realizará unha investigación para determinar as causas da mala calidade das augas nestes areais

Publicada o

- Advertisement -

As praias de Anguileiro e Serantes en Tapia de Casariego están pechadas ao baño por contaminación. A bandeira vermella izouse nos areais este venres á tarde despois de que os resultados dos últimos controis realizados pola Agencia de Sanidad Ambiental y Consumo  – o luns  e o xoves – revelasen uns índices de bacterias fecais por riba dos límites establecidos.

Dacordo co Programa Oficial de Control de Zonas de Baño do Principado, os controis analíticos repetiranse en intervalos non superiores ás 72 horas ata que se confirme a recuperación da calidade da auga. O concello apuntou nunha nota informativa que a nivel municipal realizarán tamén controis complementarios para facer un seguimento da situación.

O goberno local anunciou ademais que “investigarán as causas deste lamentable incidente, sucedido despois dunha semana de intensas chuvias, para previr ou eliminar esta contaminación”, que afecta a dous dos areais máis concorridos do municipio.

As bandeiras vermellas, diferentes carteis e o propio persoal do Servicio de Salvamento informarán deste peche temporal aos bañistas que atoparán alternativas no mesmo concello, como as praias de Porcía, da Paloma, de Santa Gadea e de Peñarronda, ou a Piscina Natural de Tapia.

O Programa de control da calidade das augas de baño do Principado de Asturias establece análises periódicas –como mínimo quincenais- nas praias asturianas. A información sobre a calificación sanitaria dos areais pode consultarse a través deste enlace.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...