As praias tapiegas de Anguileiro e Serantes volven á normalidade. Os areais abríronse ao baño este mediodía, despois de que a Agencia de Sanidad Ambiental do Principado o autorizase.
O concello agardaba polos resultados dos controis analíticos realizados este luns polo organismo autonómico, que confirmaron a mellora da calidade da auga, calificada como “boa” en Anguileiro e “excelente” en Serantes.
A bandeira verde volve lucir nos postos de salvamento despois de catro días. As praias pecháranse ao baño o pasado venres ao detectarse nos controis periódicos habituais un índice de bacterias fecais por riba do que marca a normativa.
Desde o concello, manteñen que a causa deste episodio de contaminación foron as fortes chuvias rexistradas ao longo da pasada semana. Engaden tamén que “a limpeza do río e o adecuado mantemento da depuradora” son importantes para previr que, nesas condicións, a situación se repita.