Abren ao baño as praias de Anguileiro e Serantes

Os areais volven á normalidade tras o peche por contaminación do pasado venres

Bandeira verde no posto de salvamento da praia de Anguileiro

As praias tapiegas de Anguileiro e Serantes volven á normalidade. Os areais abríronse ao baño este mediodía, despois de que a Agencia de Sanidad Ambiental do Principado o autorizase.

O concello agardaba polos resultados dos controis analíticos realizados este luns polo organismo autonómico, que confirmaron a mellora da calidade da auga, calificada como “boa” en Anguileiro e “excelente” en Serantes.

A bandeira verde volve lucir nos postos de salvamento despois de catro días. As praias pecháranse ao baño o pasado venres ao detectarse nos controis periódicos habituais un índice de bacterias fecais por riba do que marca a normativa.

Desde o concello, manteñen que a causa deste episodio de contaminación foron as fortes chuvias rexistradas ao longo da pasada semana.  Engaden tamén que  “a limpeza do río e o adecuado mantemento da depuradora”  son importantes para previr que, nesas condicións, a situación se repita.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here