InicioM.ambiente e Patrimonio"O mar foi unha autopista que comunicou A Mariña coas illas Atlánticas"

“O mar foi unha autopista que comunicou A Mariña coas illas Atlánticas”

Rutas de Historia achégase o vindeiro día 28 á costa ribadense para coñecer catro castros que son testemuña da importancia da zona 2.000 anos atrás

Publicada o

- Advertisement -

As vellas escrituras de fincas que se atopan nos cantís da costa da Mariña Lucense din que lindan ao norte coas illas Atlánticas, Inglaterra e Irlanda, mar por medio. Por iso, a seguinte viaxe de Rutas de Historia, o proxecto de turismo cultural e patrimonial impulsado por Historia de Galicia, será a esa costa salvaxe que discorre por terras ribadenses, preto das que milleiros de turistas visitan cada ano, pero descoñecidas por todos eles.

O Castro das Grobas, o de Fornelos, o de Meirengos e o dos Castros, testemuñas da importancia da zona hai 2.000 anos, protagonizarán o roteiro do vindeiro sábado, 28 de setembro —para o que aínda quedan unhas poucas prazas—. “O mar foi unha auténtica autopista que nos permitiu na antigüidade comunicarnos coas culturas atlánticas e tamén mediterráneas”, expón Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio.

OLLOS DE MAR, CETÁREAS, UN FORNO ROMANO,

Ollos de mar, cetáreas ou un forno romano son algúns dos atractivos do percorrido, do que Miranda fala nesta entrevista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...