InicioM.ambiente e PatrimonioEn Marea reclama ao Concello que publique o acordo de cesión da...

En Marea reclama ao Concello que publique o acordo de cesión da Torre dos Moreno

A formación quere saber "o prezo certo" da parte municipal do monumento indiano, o 21%, cedido a Paisajes de Asturias a cambio da antiga Casa da Telefónica

Publicada o

- Advertisement -

En Marea Ribadeo presentou un escrito no rexistro para solicitarlle ao goberno local que publique o convenio entre o Concello e a empresa Paisajes de Asturias para a cesión da parte municipal da Torre dos Moreno, dun 21% a esta firma.

Goberno local e empresa formalizaron o acordo na primeira quincena deste mes de setembro, un pacto polo que a empresa asturiana se compromete, segundo anunciou o Concello, a rehabilitar “nun prazo máximo de dous anos” a antiga Casa da Telefónica, que o executivo municipal recibiu en troque e que quere utilizar como sé do xulgado de paz.

En Marea Ribadeo lembra que “os trámites para a cesión da parte propiedade do Concello na Torre dos Moreno seguen adiante” sen que o documento, aseguran, “figure nas actas do pleno nin da Xunta de Goberno“.

APROBADO NUNHA XUNTA “NON PÚBLICA”

Deste xeito, e dado que considera que se trata dun “asunto de interese xeral para a veciñanza”, o partido instrumental quere “coñecer exactamente os termos do convenio e podelos transmitir á opinión pública”.

En Marea Ribadeo remarca que o acordo da cesión do monumento indiano foi tomado o 8 de maio de 2019 “en sesión non pública, en contra do que di a sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de setembro de 2013″. Dese xeito, a formación reclama saber “o prezo certo” da parte municipal e tamén “unha copia do texto do convenio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...