InicioM.ambiente e PatrimonioA Coordinadora Ecoloxista d'Asturies alega de novo contra o proxecto da mina...

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies alega de novo contra o proxecto da mina de ouro de Salave

Considera que a explotación mineira proxectada "vai ter aínda máis impacto" que anteriores plans descartados por Medio Ambiente, dado que contempla "verter lódos e estériles ao mar"

Publicada o

- Advertisement -

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies anunciou que presentou de novo alegacións con motivo do novo trámite de alcance do estudo de impacto ambiental do proxecto da mina de ouro de Salave, no concello de Tapia de Casariego.

O colectivo lembra que o Goberno de Asturias “xa facilitou en varias ocasións o visto bo a este perigoso proxecto mineiro, que se paralizou grazas aos informes contrarios da Confederación Hidrográfica polo seu impacto nas augas”.

Agora o proxecto si cabe vai ter moito máis impacto ao substituír as montañas dos lodos e estériles do proceso, por vertelos por un emisario ao mar, ampliando as zonas afectadas con estes contaminantes, que acabarán en toda a cadea trófica mariña”, expón a agrupación ecoloxista, que coincide na análise coa Plataforma Oro No

Deste xeito, a Coordinadora reclama “un estudo detallado e exhaustivo do impacto sobre as augas continentais, subterráneas e os ecosistemas asociados a estas”, que documente “calquera modificación hidromorfolóxica” que “poida supoñer un deterioro do seu estado potencial”.

EFECTO SOBRE AS LAGOAS DE SILVA

Os ecoloxistas tamén piden un informe das afeccións “que se producirán ás lagoas de Silva, durante a explotación e logo desta, con detalles dos riscos de perda de caudal dos seus actuais abastecementos, así como a valoración da posibilidade de salinización”.

IMPACTO SOBRE A FAUNA E A FLORA

A “caracterización das augas residuais que se xerarán nos diferentes procesos e as diferentes alternativas de tratamento”, ademais “dun estudo detallado sobre o impacto na fauna e na flora, realizando un traballo de campo amplo sobre a afección ás especies singulares e endémicas da zona”, son outras das preocupacións da Coordinadora.

AFECTACIÓNS Á PAISAXE E ÁS POBOACIÓNS LINDEIRAS

Os ecoloxistas cren que se debe valorar tamén o impacto sobre a paisaxe, debendo ser estudado considerando a conca visual do conxunto de instalacións, explotación e vertedeiros, a presenza de varias poboacións á beira do xacemento e a zona de tratamento”.

Tamén reclaman un informe do impacto sobre “os hábitats afectados, ao tratarse dunha zona colindante con Peñaronda-Barayo, durante a explotación e durante a clausura”.

En vista de que o proxecto propón o tratamento final do material a un terceiro, “é necesario concretar onde está situado este terceiro para valorar o impacto dese traslado continuo de mercancías e o impacto destes movementos”, considera a asociación.

CONSECUENCIAS NA PESCA OU NA GANDERÍA

En vista de que a explotación ten efectos décadas despois do seu peche polos tóxicos que se xeran, “é necesario concretar que medidas técnicas se van tomar para garantir a estabilidade e falta de contaminación dos restos da explotación, durante o traballo e finalizada a actividade”, asegura a agrupación.

Finalmente, a Coordinadora reclama “que se estude a acumulación de impactos ou os efectos sinérxicos producidos como consecuencia deste proxecto mineiro e como vai prexudicar outras actividades da comarca (pesca, gandería ou hostalería)”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...